Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión do 13 de abril de 1998, aprobou inicialmente un estudio de detalle nas rúas do Castiñeiriño e de Combarro, redactado polos servicios técnicos municipais.

O ámbito do citado estudio de detalle sitúase na marxe oeste das rúas de Castiñeiriño (C-541) e de Combarro, e ó sur da rotonda de enlace co periférico (rúa do Chícharo).

O expediente exponse ó público no Negociado de Planeamento e Xestión polo prazo dun mes contado

desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia co obxecto de que os interesados poidan presenta-las alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 1998.

O alcalde

Rubricado

5302