Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 09 de xuño de 1998 Páx. 6.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEAÑO

ANUNCIO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 28 de abril de 1998 a modificación puntual nº 3 das normas subsidiarias de planeamento municipal en Coirón-Dena, sométese a información pública por un prazo dun mes, mediante edictos que se publicarán no Diario Oficial de Galicia no BOP e no Faro de Vigo, que empezará a contarse a partir do día seguinte ó da última publicación.

O devandito acordo, ó abeiro do artigo 34.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, determina a suspensión de outorgamento de licencias na área afectada pola devandita modificación, por un prazo dun ano, extinguíndose coa terminación do devandito expediente.

Meaño, 5 de maio de 1998.

Jorge Domínguez Rosal

Alcalde

4794