Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a construcción, dirección, técnica e xestión en réxime de concesión dun aparcamento público para automóbiles en Santiago de Compostela; a instalación de expendedores de billetes, xestión de cobramentos, mantemento e reparación dos elementos que constitúen o servicio de aparcamento baixo control horario na vía pública, denominado ORA; e o servicio de inmobilización e retirada de vehículos da vía pública (guindastre) e a súa custodia e almacenamento ata a retirada polos titulares ou poxa pública.

Data de remisión do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 21-4-1998.

Prazo de execución: o prazo de execución dsa obras é de 12 meses. A duración da concesión será de 50 anos para o aparcamento e 10 prorrogables ata un máximo de 15 anos para a ORA e o guindastre.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral de entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas ata o día 11-6-1998.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Servicios-Contratación). Tfno: (981) 54 23 24. Fax: (981) 57 76 27. Documentación: Rúa Nova de Abaixo, 19-21. Santiago de Compostela. Tfno: (981) 59 33 85.

Clasificación do contratista: grupo C, categoría f.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no artigo 26 do prego de condicións.

Garantías: provisional: 2.000.000 de ptas. Definitiva: 4% do orzamento das obras. Complementaria: 6% do orzamento das obras.

Pola xestión do aparcamento formalizarase unha fianza de 15.000.000 de ptas. e pola ORA e guindastre fianza de 5.000.000 de ptas.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público ás 12 horas na Casa do Concello (secretaría) o día 15-6-1998.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

5250