Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

Por acordo da Corporación Municipal do 4-5-1998 foron aprobadas, inicialmente, as modificacións puntuais das normas subsidiarias municipais que se citan, segundo traballo redactado pola empresa Arteplan.

As ditas modificacións expóñense ó público para os efectos de reclamacións durante o prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación no presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No

suposto de non producirse estas, entenderanse aprobadas provisionalmente.

Modificación nº 6: emenda de erros.

Modificación nº 7: réxime excepcional para industrias existentes no municipio en solo non urbanizable.

Modificación nº 8: clasificación da Veiga do Peso como solo non urbanizable, pasándose a solo urbanizable.

Modificación nº 9: clasificación de terreos para uso sanitario.

Modificación nº 10: rectificación de aliñacións na rúa Luis Aguiar e rúa Mestres e supresión da unidade de execución nº 11.

Ponteareas, 6 de maio de 1998.

José Castro Álvarez

Alcalde

4372