Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.342

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (87/1997).

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria, celebrada con data do 16 de abril adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a petición de José Pérez Rodríguez en representación de Promotora Promandor, S.L. o proxecto de urbanización da rúa B da zona 10 do SU-20 do PXOU de Ourense, logo da constitución de garantía polo importe de 15.040.071 ptas. quince millóns corenta mil setenta e unha pesetas, para asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coa da edificación.

Esta resolución esgota a vía administrativa, polo que é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción competente no prazo de dous meses, que comezará a partir do día seguinte á presente publicación.

No, obstante ó recurso indicado, poderá utilizar outros que así crera conveniente.

Este anuncio suple as circunstancias que puidesen concorrer no disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 29 de abril de 1998.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

4717