Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOMIÑO

EDICTO.

Anuncio de exposición pública do avance dos traballos de redacción do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Tomiño (adaptando as NN.SS. vixentes á expresada figura), de conformidade co disposto na Lei 1/1997, do solo de Galicia.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o 30 de maio de 1998, acordou abrir un período de información pública ó avance do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Tomiño, establécese para o efecto un período dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación no DOG e no BOP do presente anuncio, durante o cal as entidades e particulares poderán suxeri-lo que coiden oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes, de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do marzo, do solo de Galicia.

Tomiño,1 de xuño de 1998.

José Luis Fernández Lorenzo

O Alcalde

5287