Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de compensación do polígono UEI-1, do plan parcial zona Z-10, sector Laracha 1.

O Concello de Laracha en Pleno, en sesión celebrada o día 29 de abril de 1998, acordou aprobar definitivamente o proxecto de compensación do polígono UEI-1, zona Z-10, sector Laracha 1, presentado por Urbanización O Recreo, S.L., propietario único, e redactado polo arquitecto superior Luis M. Couto González.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó desta publicación, sen prexuízo de interpoñer calquera outro que se considere procedente. A interposición do recurso contencioso-administrativo deberá comunicarse previamente a esta alcaldía, segundo o disposto no artigo 110.3º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Laracha, 4 de maio de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

4546