Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de urbanización UEI-1, do plan parcial zona Z-10, sector Laracha 1.

A alcaldía, por Resolución do 4 de maio de 1998 aprobou definitivamente o proxecto de urbanización UEI-1, zona Z-10, sector Laracha 1, presentado por Urbanización O Recreo, S.L., propietario único, e redactado polo arquitecto superior, Luis M. Couto González.

Contra este acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte a esta publicación, sen prexuízo de interpoñer calquera outro que se considere procedente. A interposición de recurso contencioso-administrativo deberá comunicarse previamente a esta alcaldía, segundo o disposto no artigo 110.3º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Laracha, 4 de maio de 1998.

Jesús Rama Becerra

Alcalde

4661