Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.340

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-297).

O Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 18 de marzo de 1998, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle de nove parcelas sitas na urbanización O Vieiro ( SUNP A-28), no Seixal-Nos.

Contra ese acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contecioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó que reciba a presente notificación. De interpoñelo, advírteselle que o artigo 110.3º da lei, require a comunicación previa ó órgano que dictou o acto impugnado. Tamén poderá interpo-lo recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias prevista no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, polo que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no apartado 2º do mesmo artigo 118.

Todo isto, sen prexuízo do dereito dos interesados a formula-la solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1º e 105.2º da citada lei.

Oleiros, 28 de abril de 1998.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

4604