Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, da L.M.T., C.T., R.B.T. Padriñán, que afecta ó termo municipal de Sarria. (Expediente 007/97).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na r/ Sáenz Díez, 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 52 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre a utorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1996, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalación eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 40/1994, aplicable en virtude da Instrucción do 14-11-1996, do conselleiro de Industria e Comercio, e en virtude do establecido nas disposicións transitoria primeira e segunda da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, entre os que cabe cita-lo de información pública e notificación ós titulares.

Entendido que as alegacións formuladas por Manuel Sobrado Castro, Guillermo García Guitián e Enrique Sánchez Fernández refírense ó importe da indemnización por servidume, por non ter chegado a un acordo coa empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. e isto corresponde dilucidalo noutro trámite procedemental.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ninguna das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto

2619/1996, en concordancia co artigo 56 da Lei 40/1994 antes citada e entendido que as demais observacións non teñen entidade suficiente para paraliza-la tramitación do expediente.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2653/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atrubuída polos decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

-Liña de media tensión aérea, 20 kV, con orixe na L.M.T. O Corgo-Sarria e final no C.T. Padriñán, cunha lonxitude de 1,705 km, apoios de formigón e conductores L.A.-56/54,6 mm. Centro de transformación intemperie de 50 kVA, 20.000/380-220 V. Liña de baixa tensión aérea do C.T. Padriñán, de 0,48 km de lonxitude, conductores RZ-0,6/1 kV-3x95 Al+54,6 Alm; RZ-0,6/1 kV-3x50 Al+54,6 Alm.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico de 25 de novembro de 1997, entendido que os extremos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que representante da Administración dea comezo ó levantamento das actas previsas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 2-2-1998, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial, nos días e horas que a cada interesdado se lle notifique individualmente. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións por escrito que se consideren pertinentes para os efectos

de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación.

Lugo, 22 de abril de 1998.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

4751