Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.323

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/16-1).

Visto o expediente para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

-Domicilio social: Praza da Constitución, 17, 15000 Cee.

-Denominación: L.M.T. subterránea, C.T. de 400 kVA e R.B.T.

-Situación: municipio de Carnota. A Coruña.

-Características técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV que parte do apoio nº 149 da L.M.T. Pontella-Alivia (expediente 27856) e final no C.T. que se construirá no edificio As Breas de 220 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 3 (1x150 mm Al).

C.T. interior de 400 kVA a 20 kV B2 e acoplamento á rede de baixa tensión cunha liña en R.Z. de 501 m. Municipio de Carnota. A Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 14 de novembro de 1997.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4511