Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.308

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

AUTO (342/1992).

En Padrón o catorce de maio de mil novecentos noventa e oito.

Feitos:

Único.-Que neste Xulgado de Padrón se seguen autos de xuízo executivo co número 342/1992, por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Francisco Lojo Negrueira e Avelina López Mayo, nos cales recaeu sentencia de remate que é firme e, na execución pola vía de constrinximento, acordouse a poxa dos bens embargados sinalándose para a súa celebración por vez primeira o día 11-6-1998, e no caso de non haber ofertantes, sinalouse para a celebración da segunda o 2-7-1998, sen que entre ámbalas datas haxa un intervalo de 20 días hábiles.

Razoamentos xurídicos.

Único.-Que sinalándose a segunda poxa sen o intervalo de 20 días que dispón o artigo 1488 da

Lei de axuizamento civil e dado que o xuízo sinalado está executando a comisión de apoio por tempo limitado, é procedente habilitar dous días festivos para non sufrir atraso con novo sinalamento.

Por todo o exposto, acordo habilita-los días 21 e 28 de xuño como días hábiles para completa-los 20 días de intervalo entre os dous sinalamentos que se recollen nos feitos desta resolución, de conformidade co disposto no artigo 259 da Lei de axuizamento civil.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e publíquese nos diarios oficiais onde se publicaron os edictos de poxa.

Así, por este auto, dispono, mándao e asínao Miguel-Ángel Narváez Bermejo, maxistrado-xuíz do Penal número tres de Vigo, en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón.

Rubricado

4834