Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.308

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (25/1988).

En virtude do acordado por Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, en resolución desta data, dictada en autos de conciliación deste xulgado co número 25/1998, a instancia da sociedade mercantil Casimiro Francés, S.A., representada pola procuradora Goimil Martínez; por medio da presente cédula, cítase os conciliados Isaac Bermúdez Sixto, Pilar Raña Iglesias, Isacc Bermúdez Raña, Luis Iglesias García, José Manuel Vázquez Muinelo, Adolfo Ribeiro Guiance, representante legal de Industrias Isaac, S.L. representante legal de Sorripan, S.L. y representante legal de Getsemani S.L., na actualidade en paradoiro descoñecido todos eles, para que o vindeiro día 3 de xullo ás 10 horas comparezan na sala de audiencia deste xulgado, sito no polígono das Fontiñas, rúa Viena número 1-2 (edificio xulgados) co fin de asistiren por si ou por lexítimo apoderado, á celebración do acto

conciliatorio que se solicita, prevíndoos de que, de non compareceren sen que manifesten xusta causa que llelo impida, darase o acto por intentado sen efecto, condenándoos, nas custas.

Fáiselles saber que a papeleta de conciliación se atopa neste xulgado a súa disposición.

E para que sirva de citación ás partes conciliadas, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 12 de maio de 1998.

Gonzalo J. Cabaleiro de Saa

Secretario xudicial

4848