Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.307

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (65/1993).

O maxistrado-xuíz do Penal número tres de Vigo en comisión de apoio no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón.

Fai saber: que neste xulgado, baixo o número 65/1993, se segue xuízo executivo por instancia do Banco Pastor, S.A. representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Distribuciones Barbanza, S.L., Carlos Diz Santos, Carmen Diz Santos e Ramón Esperante Lesende, en reclamación de 1.984.119 ptas. de principal e 1.000.000 para xuros, custas e gastos, pesetas, máis os xuros legais, gastos e custas e nos autos acordou sacar á venda en poxa pública, por termo de vinte días o/s seguinte/s ben/s embargado/s no procedemento e que ó final do presente edicto detallaranse; poxa que terá lugar por vez primeira neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Padrón o próximo día dez de setembro do ano en curso ás 11.30 horas, baixo as seguintes, condicións de poxa:

1. O tipo para a primeira poxa será o do valor dado ós bens, e non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para tomar parte na poxa deberán consignar previamente os licitadores polo menos o 20% da taxación no Banco Bilbao Vizcaya, S.A. conta de consignacións número 1576.0000.17.0065.93.

3. Só o executante poderá cede-lo remate a terceiros.

4. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoas na mesa do xulgado e acompañando resgardo acreditativo do ingreso do importe indicado no punto 2.

5. Que os títulos de propiedade, suplidos por certificación rexistral, estarán de manifesto na secretaría deste xulgado, debendo conformarse con eles os licitadores, que non terán dereito a esixir ningúns outros; que así mesmo estarán de manifesto os autos; e que as cargas anteriores e as preferentes, se as houbese, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

6. Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día sete de outubro do ano en curso ás 17.45 horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto que o tipo da taxación se rebaixase nun vintecinco por cento do da primeira; e, se resultase deserta esta segunda poxa, celébrase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día catro de novembro do ano actual, ás 17.45 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

O/s ben/s obxecto de poxa, en lotes separados, son os seguintes:

1. Urbano: nave industrial no lugar de Lagueira e Agro da Moa, do lugar da Capela, parroquia de

Araño, de planta baixa, destinada a almacén de productos de alimentación e bebidas, duns 20 metros de longo por 12 de largo, que fan unha superficie construída de douscentos corenta metros cadrados construídos. A nave industrial está situada no sector norte-sur do predio e ten o seu acceso desde a estrada Padrón, Ribeira ou fachada oeste da nave. Linda, norte: porción segregada de Distribuciones Barbanza, S.L.; sur: David Diz Miguens; leste: José Pérez Agrelo e David Diz Miguens; e oeste: estrada de Padrón a Riveira e José Pérez Agrelo. Inscrito no rexistro de Padrón, tomo 537, libro 62, folio 89, predio número 6.672, taxado a efectos de poxa en 6.960.000 pts. que servirá de tipo na primeira poxa.

2. Rústico: porción de terreo a labradío e inculto, o do sur, na paraxe de Lagueira e Agro de Moa, sito no lugar de Capela, parroquia de Araño, municipio de Rianxo que mide dezaseis metros cadrados, dos cales ochenta centímetros é a medida da fronte á estrada de Padrón-Ribeira, e vinte metros ó fondo. Linda: norte, resto do predio matriz de Distribuciones Barbanza, S.L.; sur: nave industrial de Distribuciones Barbanza, S.L.; leste: José Pérez Agrelo e David Diz Miguens; oeste: estrada de Padrón a Ribeira. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón, tomo 544, libro 63, folio 77, predio número 6.812. Taxado para efectos de poxa en 80.000 ptas. que servirá de tipo na primeira poxa.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados-executados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos correspondentes diarios oficiales, en Padrón o once de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4822