Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 08 de xuño de 1998 Páx. 6.307

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE BETANZOS

EDICTO (290/1997).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Betanzos.

Fai saber: que no expediente de suspensión de pagamentos, número 290/1997, de Protecciones y Revestimientos Industriales, S.L. en liquidación, con domicilio social en Bergondo, rúa parroquia de Guísamo, 1ª travesía, nave 11, e por auto desta data, se decretou o estado de suspensión de pagamentos e insolvencia provisional de Protecciones y Revestimientos Industriales, S.L. en liquidación; e convocáronse os acredores a xunta xeral, que terá lugar na sala da audiencia deste xulgado, o próximo día 9 de xullo ás 11 horas, prevíndoos de que poderán concorrer personalmente ou por jmedio do seu representante con poder suficiente para iso e co título xustificativo do seu crédito, requisito sen o cal non serán admitidos, econtrándose ata a dita data á súa disposición na secretaría deste xulgado o dictame dos interventores e demais documentación establecida na Lei de suspensións de pagamentos, para que poidan obte-las copias ou notas que coiden oportunas, para tódolos efectos, e especialmente

para os dereitos que resulten recoñecidos no artigo 11 da mencionada lei, sobre impugnación, omisión e exceso ou diminución de créditos segundo a lista presentada para verificarse precisamente ata os quince días antes do sinalado para a xunta. Faise extensivo o presente edicto ós acredores que non sexan encontrados no seu domicilio cando sexan citados na forma previda no artigo 10 da vixente Lei de suspensión de pagamentos.

Dado en Betanzos o sete de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

4821