Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.238

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de notificación (29/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 29/1998-10 por instancia de Teresa Bouzas Veiga contra Herminio González Rodríguez e nas súas actuacións e dictouse sentencia da que o encabezado e parte dispositiva á letra din:

«Sentencia.-No nome de El-Rei, en Santiago de Compostela o catorce de maio de mil novecentos

noventa e oito, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no xuízo de faltas seguido ante este xulgado con referencia número 29/1998 no que actuaron como partes, como denunciante, Teresa Bouzas Veiga e como denunciado, Herminio González Rodríguez.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Decido: que debo absolver e absolvo a Herminio González Rodríguez da falta que se lle imputaba con declaración das custas de oficio.

Contra esta sentencia poderán interpoñer os interesados recurso de apelación perante a audiencia provincial no prazo de 5 días desde a notificación, mediante escrito de formalización no que se exporán ordenadamente as alegacións sobre quebrantamento das normas e garantías procesuais, erro na apreciación das probas ou infracción de precepto constitucional ou legal en que se basee a impugnación, e fixarase domicilio para notificacións. Se no recurso se pedise a declaración de nulidade do xuízo por infracción das normas legais ou constitucionais que se consideren infrinxidas e se expresarán as razóns da indefensión. Así mesmo deberá acreditarse que se pediu emenda da falta ou infracción na primeira instancia salvo no caso de que se cometesen no momento en que fose xa posible a reclamación. No mesmo escrito de formalización poderá o recorrente pedi-la práctica de probas que non puido propoñer na primeira instancia, das probas propostas que lle foron indebidamente denegadas, sempre que

formulase a oportuna reserva, e das admitidas que non foron practicadas por causas que non lle sexan imputables, expoñendo as razóns polas que a falta daquelas dilixencias de proba produciu indefensión.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Lévese testemuña literal ós autos da súa razón quedando a orixe no libro de sentencias deste xulgado.

E para que conste e lle sirva de notificación a Herminio González Rodríguez, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o dezaoito de maio de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

5072