Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.238

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (63/1998-10).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se tramita xuízo de faltas 63/1998-10 por instancia de Fernando Vidal Salgado contra Fernando Caballero Salgado nas actuacións, en resolución desta data, acordouse citar a Fernando Vidal Salgado a fin de que o día nove de xullo ás doce trinta horas compareza ante este xulgado co fin de asistir á celebración do oportuno xuízo de faltas en calidade de denunciante, apercibíndoo de que no caso de non verificalo recaerá sobre el o prexuízo a que houbese lugar en dereito e que deberá comparecer asistido das probas das que intenten valerse.

E para que conste e sirva de citación a Fernando Vidal Salgado expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o quince de maio de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

5014