Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (95/1997).

Eu, Miguel Formoso Sobrado, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo ordinario declarativo de menor contía nº 95/1997, por instancia de Curtidos del Norte, S.A.,

representados polo procurador Victorino Regueiro Muñoz contra, entre outros, Manufacturas Rocarbi, S.L., con domicilio descoñecido, sobre reclamación de cantidade, nos cales por medio de resolución desta data se acordou empraza-los referidos demandados para que no termo de dez días comparezan en autos en forma representados por procurador e asistidos de letrado, baixo apercibimento de que se non comparecen serán declarados en rebeldía e recaerá sobre eles o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para a súa inserción en periódicos oficiais e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado e que lles sirva de emprazamento en forma ó demandado Manufacturas Rocarbi, S.L., expido o presente edicto en Padrón o dezaoito de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

4797