Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 05 de xuño de 1998 Páx. 6.238

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (79/1998-04).

En Santiago de Compostela o vintecinco de maio de mil novecentos noventa e oito.

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se segue o xuízo executivo co número 79/1998, promovido polo Banco Bilbao-Vizcaya, S.A., representado polo procurador

García Piccoli contra Roberto Francisco Martínez Fernández, sobre reclamación da cantidade de 128.129 pesetas de principal e 125.000 pesetas para xuros e custas; e dado que o demandado se encontra en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto cítase ó demandado, co fin de que no prazo improrrogable de nove días compareza en autos en legal forma, mediante procurador e letrado e se opoña a execución se lle conviñese, faise constar que os documentos e demanda encóntranse nesta secretaría á súa disposición e apercibíndoo de que de non comparecer será declarado en rebeldía, seguindo o preito o seu curso, sen volve-lo citar nin facerlle outras notificacións cás que determine a lei.

Sen previo requirimento de pagamento, procédese ó embargo dos seguintes bens:

Haberes percibidos por Roberto Francisco Martínez Fernández como prestación por desemprego.

Posibles devolucións fiscais que por IVE e IRPF poidan corresponderlle a Roberto Francisco Martínez Fernández, durante os próximos sete anos.

Os saldos acredores e depósitos de valores que o demandado poida ter en Caixa Galicia, Caixa Vigo, Caixa Pontevedra, Caixa Ourense, Banco Pastor, Banco Central Hispanoamericano, Banco de Santander, Banco Gallego, Banco de Galicia, Banesto, Banco Mapfre e A Caixa.

E para que conste e sirva de citación en forma ó demandado en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecinco de maio de mil novecentos noventa e oito.

Maxistrado-xuíz

Rubricado

5225