Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación do servicio de conservación e mantemento dos cemiterios municipais do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: cemiterios; Patrimonio e Contratación. Expediente: 10912/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: servicio de conservación e mantemento dos cemiterios municipais do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 1 ano e tres de posible prórroga.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 28.500.000 ptas/ano.

5. Garantías.

Provisionais: 570.000 ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información. rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n; 36202 Vigo; teléfono: (986) 81 01 48; fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitios específicos do contratista.

Clasificación: o contratista acreditará estar clasificado no grupo III (servicios), subgrupo 5, categoría b.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

Data límite: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula XII de prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9 Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo; Praza do Rei s/n; 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula XII.4 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 7 de maio de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

5136