Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.200

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración dun tractor para a escola taller forestal do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: formación e emprego; Patrimonio e Contratación. Expediente: 200/077.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración dun tractor para a escola taller forestal do Concello de Vigo.

Unidades que se entregarán: 1.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: 60 días naturais.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: 4.000.000 de ptas.

5. Garantías.

Provisionais: dispensada.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención de documentación e información. rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n; 36202 Vigo; teléfono: (986) 81 01 48; fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitios específicos do contratista.

Acreditar solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas.

Prazo: 13 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 26 de maio de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde