Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.199

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta das obras do proxecto de acondicionamento do contorno do castelo de San Sebastián e accesos ós garaxes do concello de Vigo.

1. Entidade adxudicante. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: proxecto urbano; Patrimonio e Contratación. Expediente: 161/450.

2. Obxecto do contrato. Descrición: execución das obras do proxecto de acondicionamento do contorno do castelo de San Sebastián e acceso ós garaxes do Concello de Vigo.

Lotes: non.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 12.081.458 ptas.

5. Garantías.

Provisionais: 241.629 ptas.

6. Obtención de documentación e información. rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n; 36202 Vigo; teléfono: (986) 81 01 48; fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitios específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica e financeira na forma prevista nos artigos 15 e 16 da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas.

Prazo. 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 de prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Plazo de obriga de mante-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9 Apertura de ofertas.

Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposción axustarase á cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 27 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4464