Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.198

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de información pública do proxecto de bases de actuación e estatutos e do proxecto de compensación da U.E. Frian (expediente 4040/401/97-4063/401/97)

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 20 de febreiro de 1998, acordou aprobar inicialmente o proxecto de bases de actuación e estatutos para a constitución da Xunta de Compensación da U.E. Frian, someténdoo a información pública conxuntamente co proxecto de compensación presentado da devandita U.E. redactado pola arquitecta María A. Leboeiro Amaro e visado polo COAG con data 25 de novembro de 1997, polo prazo de 20 días mediante a inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e con citación persoal dos interesados conforme establece o artigo 133.4º e 8º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia en relación co 102 da dita lei.

O que se fai público para xeral coñecemento significando que o prazo de información pública entenderase aberto desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia ata transcorridos 20 días hábiles.

Os expedientes atópanse á disposición do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa da Casa do Concello)

Vigo, 26 de marzo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente

4465