Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente o Plan xeral municipal de ordenación urbana de Concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña) polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 14 de maio de 1998, faise público o citado acordo, en cumprimento do disposto no artigo 42.1º da Lei 1/1997 do 24 de marzo, do solo de Galicia, co fin de que os interesados poidan presenta-las alegacións ou suxestións que coiden oportunas durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación que do presente anuncio se faga no xornal La Voz de Galicia e no DOG.

Cabana de Bergantiños, 15 de maio de 1998.

Manuel Barral Castro

Alcalde-presidente

4377