Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.197

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO.

O Concello Pleno de Cuntis, na sesión ordinaria celebrada o día 24 de abril de 1998 adoptou, por unanimidade dos presentes e co quorum da maioría absoluta do número legal dos seus membros, o seguinte acordo de aprobación definitiva da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, relativa ó acceso a zona escolar e deportiva.

a) Aprobar definitivamente a modificación puntual referida.

b) Publicar este acordo no DOG e no BOP, e así mesmo publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicar este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, e ó mesmo tempo, darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados polo secretario do concello.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no artigo 48 e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril.

Cuntis, 28 de abril de 1998.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde-presidente

4376