Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.196

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO de licitación para a contratación da obra denominada pavimentación e saneamento de acceso a colexios Vista Alegre.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Burela.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría xeral.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra incluída no proxecto de pavimentación e saneamento de accesos a Colexios Vista Alegre.

b) Lugar de execución: Burela.

c) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 29.822.032 ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 596.440 ptas.

Definitiva: 1.192.881 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Burela (secretaría).

b) Enderezo: rúa Pardo Bazán nº 6.

c) Localidade e código postal: 17880 Burela.

d) Teléfono: 58 60 00.

e) Telefax: 58 59 45.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de remate do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Prazo: das 9 ás 14 horas, durante o prazo de trece días naturais contados desde a publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: á prevista no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: concello (rexistro xeral).

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

GRUPOSUBGRUPOCATEGORÍA

A 1 B

A 2 B

E 1 B

G 4 B

G 5 A

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: concello (salón de comisións).

b) Data: quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, non coincidente con sábado; en tal caso realizaríase a apertura o primeiro día hábil seguinte.

c) Hora: 13 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Tendo en conta que conforme o disposto no artigo 122 do Real decreto lei 781/1986, do 18 de abril se encontra sometido á información pública o prego de cláusulas administrativas que rexerá esta contratación e o proxecto técnico da obra de referencia,

segundo anuncio publicado no BOP de Lugo nº 117 de data 25 de maio de 1998, polo presente anuncio faise saber que no suposto de que se presentasen reclamacións contra os citados documentos dentro do prazo sinalado, a licitación quedará aprazada ata a súa resolución. Neste caso publicarase un novo anuncio no BOP de Lugo, con indicación da data límite de presentación das ofertas.

Burela, 27 de maio de 1998.

P.D.F. (Resolución alcaldía 6-5-1996)

Sergio López García

Primeiro tenente de alcalde

5116.