Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA de 8 de maio de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-956/1997, en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 39/1992 de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación

(que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica) a resolución do expediente nº 15-956/1997, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego do Consumo (praza de Europa, 10 A 2º. Edificio Área Central, 15703 As Fontiñas, Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir desta notificación.

Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva , e poderá facerse efectiva, en período voluntario, no subseguinte prazo de 15 días hábiles, en calquera entidade financiera, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela.

ANEXO

Expediente: 15-956/1997.

Inculpado: Alfonso Pazos Fidalgo-Décimas Deportes.

Domicilio: Área Central- Polígono As FontiñasSantiago de Compostela.

Sanción e motivos: 50.000 ptas. Non entregar factura.

Data da resolución: 16-4-1998.

A Coruña, 8 de maio de 1998 .

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo

5120