Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.191

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 8 de maio de 1998, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, por resultar descoñecido o seu domicilio, acordo de incoación do expediente sancionador VP-C 28/1997.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/ 1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado o acordo de incoación do correspondente expediente sancionador que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Desígnanse respectivamente instructora e secretaria destes a Clara Gómez Ruiz e a Carmen Pombo Chans; concédenselles ós interesados quince días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula para facer cantas alegacións crean oportunas no seu descargo, e de se-lo caso, solicita-la práctica de probas.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 8 de maio de 1998.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial del Instituto Gallego

de Vivienda y Suelo de A Coruña.

ANEXO

VP-C 28/1997.

Francisco Cortizas Álvarez.

Labañou, bloque 2, P-1, baixo B (A Coruña).

4753