Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.192

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE ESTATÍSTICA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 1998 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso público aberto e tramitación de urxencia, para a contratación dunha consultoría e asistencia para a elaboración das contas económicas da enerxía.

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato de consultoría e asistencia, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Estatística.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

c) Nº de expediente: 640.1/1992.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: estimación das principais variables macroeconómicas do sector enerxético, a conformación da oferta e demanda e a elaboración das contas de producción e de explotación,

para a súa integración nos procesos de contabilidade rexional de Galicia.

b) Prazo de execución: catro meses contados a partir da data da sinatura do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 10.050.000 ptas.

5. Garantía provisional: 201.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información: poderán retirala no Negociado do Rexistro do IGE, r/ Ramón Piñeiro, nº 27, Santiago de Compostela. C.P. 15702. Tfno: 54 13 21. Fax: 54 13 23.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co exisido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas: presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 13 días contados a partir do seguinte ó da publicación no presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, no rexistro do IGE en horario das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado.

9. Apertura das ofertas: o quinto día seguinte ó do remate da presentación das proposicións, ás 12 horas e nas dependencias do IGE; en caso de cadrar en sábado, a apertura terá lugar o día hábil seguinte.

O importe do presente anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 1998.

José A. Campo Andión

Director do Instituto Galego de Estatística

4787