Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: instalación R.B.T. Inferniño.
Situación: A Pobra do Caramiñal.
Descricións técnicas: liña R.B.T. aérea de 1,36 km con orixe no C.T. grupo escolar (expediente 51782) en conductor R.Z. sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características
se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 27 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4613