Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de
execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S. Alejandro-Barreiro-Lope de Vega.
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 365 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV Al e 240 mm que parte do C.T. Alejandro Barreiro e final na L.M.T. o C.T. Palloza. L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 450 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV Al de 240 mm que parte da L.M.T. o C.T. Alejandro Barreiro e final no C.T. Parque Europa. Concello da Coruña.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
A Coruña, 24 de abril de 1998.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña
4261