Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación dos acordos de iniciación dos procedementos sancionadores de epizootias 064SA/1998 e dous máis

De conformidade co disposto no artigo 59.4º de Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-lo acordos de iniciacion do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358 do 23 de decembro), e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, polo R.D. 1665/1976 do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21-6-1976), por non ser posible a súa notificación.

Noméase intructora do procedemento a Paloma Puente Sánchez, funcionaria desta delegación, podéndose promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 29 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poidan examina-los expedientes na Delegación Provincial desta consellería na Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos e para chegaren, por escrito, cantas alegacións, documentos, informacións ous propostas de probas, consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuaran alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta

de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo, deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples - Monelos, A Coruña.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9 de agosto).

A Coruña, 20 de abril de 1998.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: 064SA/1998.

Denunciado: León Abeijón, José Ramón.

DNI: 33.207.401.

Último enderezo coñecido: Silva nº 2, Goiáns A Coruña.

Feito denunciado: carecer do certicado de inscrición do vehículo, para o transporte de gando vivo, no Servicio de Sanidade Animal e Vexetal desta consellería.

Tipificación de la infracción Regulamento de epizootias: artigo 12.2º do Decreto 355/1994, en relación co 2 da Orde 4-4-1997 e cos artigos 224 e 52.4º do Regulamento de epizootias.

Sanción: 15.000 pesetas.

Expediente: 066SA/1998.

Denunciado: Gómez Bandeira, José.

DNI: 33.265.123-E.

Último enderezo coñecido: rúa Meixonfrío nº 2 Santiago de Compostela.

Feito denunciado: ter gando para a venda, no mercado de Salgueiriños (Santiago de Compostela), sen identificar.

Tipificación de la infracción Regulamento de epizootias: artigo 7 do Real decreto 205/1996, en relación co artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 10.000 pesetas.

Expediente: 069SA/1998.

Denunciado: Meijide Villaverde, José María.

DNI: 32.448.653.

Último enderezo coñecido: r/ Paraíso nº 3 Os Castros A Coruña.

Feito denunciado: transportar gando bovino, carecendo da autorización de traslado do certificado de desinfección de vehículo.

Tipificación de la infracción Regulamento de epizootias: artigos 1.3º y 12 do Decreto 355/1994, en relación co artigo 224 do Regulamento de epizootias.

Sanción: 50.000 pesetas.

4614