Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 28 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre Lalín e Pontevedra, con anexos: V-3216; XG-360, por substitución da concesión V-3216; XG-360, de igual denominación.

Advertidos erros no texto da Orde do 16 de outubro de 1997, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, feita pública mediante Resolución do 28 de outubro de 1997, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 223, do 18 de novembro de 1997, é necesario efectua-las oportunas correccións:

Na páxina 11.111, na columna da esquerda, nas liñas 8, 9, 10, 11 e 12, onde di:

* «Do tramo Santiago-Souto de Vea para o tramo Souto de Vea-Cuntis (excepto Souto de Vea), e viceversa.

* Do tramo Souto de Vea-Portela (excepto Portela) para o tramo Portela-Cuntis, e viceversa».

Debe dicir:

* «Do tramo Santiago-Souto de Vea para o tramo Souto de Vea-Ran (excepto Souto de Vea), e viceversa.

* Do tramo Souto de Vea-Portela (excepto Portela) para o tramo Portela-Ran, e viceversa».

5138