Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.172

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 1998 pola que se anuncia a licitación do proxecto e construcción para a execución de actuacións puntuais nas estacións de autobuses de Ourense, Lugo e Carballo (A Coruña), polo procedemento aberto de concurso de proxecto e obra.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Transportes.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: proxecto e construcción das obras que se detallan na relación que se xunta e pertencentes ós expedientes que se citan, conforme o sinalado nos respectivos pregos aprobados.

b) Prazo de execución : o sinalado para cada obra segundo a relación.

3. Tramitación, procedemento, e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso de proxecto e obra.

4. Orzamento base de licitación.

O sinalado para cada obra segundo a relación.

5. Garantías.

Provisional: a sinalada para cada obra segundo a relación.

6. Obtención de documentación e información.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares que rexen a contratación, e o prego de prescricións técnicas, poderán recollerse en:

a) Entidad: nas delegacións provinciais da CPTOPV.

Na Dirección Xeral de Transportes.

b) Enderezo: praza de Europa 5-A ( 2º andar).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela - 15703.

d) Teléfono: (981) 54 45 94.

e) Telefax: (981) 54 43 51.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: a solvencia económica e financeira acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 16-1 A e C. A solvencia técnica acreditarase por calquera dos medios previstos no artigo 17-B, C, e D, da LCAP.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Prazo: o prazo de admisión das proposicións terminarase ás catorce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda ou, por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Domicilio: r/ San Caetano s/n.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela- 15071.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Transportes.

b) Domicilio: r/ Praza de Europa 5-A (2º andar).

c) Localidade: Santiago de Compostela

d) Data: quinto día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte á data de terminación do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que se xunta no anexo do prego de cláusulas administrativas particulares.

Relación de expedientes:

Obra: proxecto e obra para a restauración da estación de autobuses de Ourense.

Orzamento: 7.500.000 ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación esixida: non se esixe.

Fianza provisional: 150.000 ptas.

Obra: proxecto e obra para a substitución da cuberto do patio de autobuses e pintura da estación de autobuses de Lugo.

Orzamento: 10.000.000 de ptas.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación esixida: non se esixe.

Fianza provisional: 200.000 ptas.

Obra: proxecto e obra para a pavimentación do patio de manobras da estación de autobuses de Carballo ( A Coruña).

Orzamento: 7.343.570 ptas.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación esixida: non se esixe.

Fianza provisional: 146.871 ptas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 1998

P.D. (Orde 25-10-1983, DOG 14/12)

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

4593