Non sendo posible a notificación a María Paz Fernández Cabana, co último enderezo coñecido en San
Pedro de Bembibre, 27550, Taboada (Lugo), da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe dun millón trescentas noventa e cinco mil duascentas sesenta e sete (1.395.267) ptas. en concepto de cobro indebido de axuda por ancianidade do Fondo de Asistencia Social de Galicia, segundo expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.
Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:
- Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.
- Recurso económico-administrativo perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 8 de maio de 1998.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos
4715