Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Tributos, polo que se notifica resolución de reintegro de pagamento indebido.

Non sendo posible a notificación a María del Carmen García Quintela, co último enderezo coñecido en rúa Paxariños, nº 26 - 3º, 27002 Lugo, da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de trescentas trinta e seis mil novecentas oitenta e cinco (336.985) ptas. en concepto de cobro indebido de axuda por enfermidade do Fondo de Asistencia Social de Galicia, segundo expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, realízase polo presente anuncio, conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.

Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:

- Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.

- Recurso económico-administrativo perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1998.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos

4682