Non sendo posible a notificación a María Lorenzo González, co último enderezo coñecido en Boedes, 32510 - O Carballiño (Ourense), da resolución desta dirección xeral pola que se lle require o importe de duascentas corenta e nove mil trescentas cincuenta (249.350) ptas. en concepto de cobramento indebido da axuda do Fondo de Asistencia Social de Galicia, segundo expediente remitido pola Delegación Provincial da Consellería de Traballo e Servicios Sociais de Ourense, realízase polo presente anuncio conforme prevé o artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
A Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense emitiralle a oportuna liquidación na que constará a forma e prazo de ingreso.
Contra esta resolución poderá interpoñer, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da notificación, sen que poidan simultanearse, algún dos seguintes recursos:
-Recurso de reposición perante o órgano que a dictou, segundo o establecido no Real decreto 2244/1979.
-Recurso económico-administrativo perante o tribunal da dita xurisdicción da Comunidade Autónoma de Galicia.
Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.
María Casais Mira
Directora xeral de Tributos
4681