Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (131/1998).

Que neste xulgado ó número 131/1998, se segue expediente de dominio por instancia de Manuel Santiago Pena Souto e Isabel Couso Rodríguez, que instan a inscrición no Rexistro da Propiedade para a reanudación do tracto sucesivo, do seguinte predio:

Praza de garaxe nº 12, comprendida dentro da participación indivisa do 56,28 por cento do local número 2, planta do segundo soto, pertencente a unha edificación con fronte á praza de Vigo, Avda. de Vilagarcía e Santiago de Chile, por onde ten o seu acceso a través da rampla, desta cidade de Santiago de Compostela. Extensión: mil cincocentos noventa e catro metros e corenta e seis decímetros cadrados. Linda: norte, praza de Vigo e local número dous-2; sur, terreo municipal e de José González Criado e local número dous-1; leste: rúa de Santiago de Chile y local número dous-1 e dous-2; e oeste, Avda. de Vilagarcía e local nº dous-2. Cota de participación: dous, setenta e cinco por cento.

Pola presente cédula e, en virtude de providencia desta data, convócase ás persoas ignoradas a quen puidera prexudicar a inscrición solicitada, para que dentro do termo de dez días a partir da publicación

da presente cédula, poidan comparecer no expediente e alegar o que ó seu dereito conveña.

Dado en Santiago de Compostela o sete de maio de mil novecentos noventa e oito.

O/A secretario/a

Rubricado

4662