Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.170

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTECINCO DE MADRID

EDICTO (D-281/1989).

Eu, Mª Josefa González Huergo, secretaria do Xulgado do Social número vintecinco dos de Madrid e a súa provincia.

Fago saber que por acta de comparecencia dictada no día da data, no proceso seguido por instancia de Roberto González Cerecedo e Miguel Ángel Nieto Solís contra Publicaciones de Galicia, S.A., en reclamación por procedemento ordinario, rexistrado co nº D-281/1989, execución 19/1990, acordouse citar a Publicaciones de Galicia, S.A. en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 9-7-1998, ás 9 horas da mañá, para a comparecencia, que terá lugar na sala de vistas deste Xulgado do Social número vintecinco dos de Madrid, sito na rúa Hernani, 59.5º, debendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e con tódolos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación a Publicaciones de Galicia, S.A., expídese o presente edicto para a súa publicación no BOP e colocación no taboleiro de anuncios.

Madrid, sete de maio de mil novecentos noventa e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

4987