Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (55/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 55/1998, que se seguen por lesións en agresión, cítase a Víctor Esqueira Abraira para que o próximo día vinteseis de xuño, ás 12.15 horas, compareza ante a sala da audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de prexudicado baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado consonte a lei e recaeren sobre el prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo se é parte ser asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que intente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Víctor Esqueira Abraira en ignorado paradoiro, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o 30 de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4833