Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (48/1998).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas 48/1998, que se segue por insultos, se cita a Salvador Callejón Terrio para que o próximo día vinteseis de xuño, ás dez horas, compareza ante a sala da audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciado baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multado conforme a lei e recaer sobre el os prexuízos a que houbese lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistido por avogado e debendo acudir

ó xuízo coas probas de que intenten valerse. E para que así conste e sirva de citación en forma a Salvador Callejón Terrio en ignorado paradoiro, expido a presente cédula de citación en Santiago de Compostela o trinta de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4755