Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.169

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE LALÍN

EDICTO (292/1997-P).

A secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Lalín (Pontevedra).

Fai saber: que neste xulgado se tramita expediente por suspensión de pagamentos 292/1997, promovido polo procurador Manuel Ceán Garrido no nome e representación da entidade mercantil Talleres Castilla S.L. con domicilio social en Silleda (Pontevedra), A Mera 31, dedicada como actividade primordial á instalación de calefacción e fontanería en xeral, inscrita no Rexistro Mercantil de Pontevedra no folio 141 do libro 177 de sociedades, inscrición 1 da folla número 2.508. CIF B 36.006.948.

No dito expediente dictouse auto de cualificación de insolvencia definitiva da que a parte dispositiva se dispón:

Declárase en estado de suspensión de pagamentos e insolvencia definitiva a entidade Talleres Castilla S.L. con unha diferencia de pasivo de 53.355.654 pesetas.

Concédeselle ó debedor un prazo de quince días desde a notificación desta resolución, para que el ou persoa no seu nome, consigne ou afiance a satisfacción do provente a diferencia sinalada de 53.355.654 pesetas. Transcorrido o dito prazo déase conta para acorda-lo procedente.

A entidade suspensa seguirá axustándose na súa actuación ó disposto no artigo 6 da Lei de suspensión de pagamentos sen que se establezan xudicialmente máis limitacións á administración que as establecidas no referido precepto.

En Lalín o 13 de maio de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4718