Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Xoves, 04 de xuño de 1998 Páx. 6.168

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO CATRO DE MADRID

EDICTO (487/1997).

María Luisa Freire Diéguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número catro de Madrid.

Fai saber, que nos autos que a continuación se dirán consta dictada a sentencia, o encabezamento e parte dispositiva da cal sucintamente se pasan a transcribir.

Sentencia. Na cidade de Madrid o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Cristina Jiménez Savurido, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número catro dos desta capital, viu os presentes autos de xuízo de cognición, 487/1997, promovidos por Joaquín García Fuentes, contra Juan Manuel Domínguez Calvo e Manuel Justo Colmenero.

Decido que estimando a demanda formulada por Joaquín García Fuentes, contra Manuel Justo Colmenero e Manuel Domínguez Calvo, debo condenar e condeno os demandados ó aboamento ó demandante da cantidade de 112.922 ptas., máis os xuros legais desde a interposición da demanda, ata a data da presente resolución, que ascenden a cantidade de 6.198 ptas., así como ás custas causadas no presente procedemento.

E expídese o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada en ignorado paradoiro, facéndose extensible, ademais, a tódolos demandados dos cales as notificacións ordinarias resulten negativas, por descoñecemento dos seus actuais domicilios, poñendo no seu coñecemento que contra a dita sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días.

Dado en Madrid o trinta de marzo de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria xudicial

Rubricado

4801