De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso de méritos convocado por resolución desta universidade do 26 de novembro de 1997 (BOE do 17 de decembro), para a provisión da praza número 97/052 de profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas desta universidade, a favor de Carlos Vázquez
Cendón, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Carlos Vázquez Cendón profesor titular de universidade da área de coñecemento de matemática aplicada, do departamento de Matemáticas, desta universidade.
A Coruña, 12 de maio de 1998.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
4657