Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 7 de maio de 1998, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se lles notifica ás persoas que se citan que deberán achega-la documentación requirida polo Servicio de Xestión Tributaria para ultima-la tramitación dos expedientes de referencia (Abalo Vigo, Mª Carmen e dezaoito máis).

Pola presente cédula notifícase, de conformidade co disposto no Art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, relación das persoas cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan, para que procedan a presenta-los documentos requiridos polo Servicio de Xestión Tributaria, e así poder ultima-los expedientes que se citan, referidos ós impostos de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados (TPAXD), sucesións e doazóns (S e D).

De acordo co Art. 35 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria (BOE do 31 de decembro), deberá no prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta cédula no DOG, presenta-la documentación solicitada polo Servicio de Xestión Tributaria desta Delegación Territorial de Economía e Facenda, con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo.

Transcorrido o prazo sen que se cumpra co trámite, podrán ser sancionados por infracción tributaria simple, con multa de 1.000 a 200.000 pesetas, segundo dispoñen os Art. 77 e seguintes da Lei xeral tributaria, na súa nova redacción dada na Lei 25/1995, do 20 de xullo (BOE do 22 de xullo).

Vigo, 7 de maio de 1998.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

ContribuínteEnderezoDocumentación e expediente

Abalo Vigo, M. CarmenJuan Flórez, 64-4º C, A CoruñaCertificado da minusvalidez de Amparo Vigo Galban.

Imposto S e D-Expte. 833/96.

Alonso Cano, RaquelGarcía Barbón, 101, VigoDeberá especificar por escrito os m dos predios da relación de bens así como aporta-lo plano de situación expedido polo concello, no que estean sinaladas e co número que lle corresponde na dita relación.

Imposto S e D-Expte. 430/96.

Álvarez Martínez, SantiagoEncina, 6-2º, VigoAcreditación documental da liña de parentesco de Santiago Álvarez Martínez co causante Antonio Fernández Ramón.

Imposto S e D-Expte. 160/97.

Antas Motor, S.A.Av. Madrid, 215, VigoXustificante da venda do vehículo PO1783AD, presentado exento acolléndose ó disposto no artigo 17 do R.D. 828/1995, do 29 de maio.

Imposto TPAXD-vehículos.

Expte. 2098/96.

Espino Pérez, BegoñaTercio de Afora, 4 CS, VigoCertificado da Xerencia do Catastro (Delegación de Facenda do lugar onde se encontren os bens), no que se faga constar:

-Data de construcción e superficie construída dos pisos en Urzáiz.

-Data de construcción, superficie por plantas e usos e superficie da parcela da casa en Tercio de Afora.

-Data de construcción, superficie por plantas e usos e superficie da parcela da casa na Veiga do Bolo, Ourense.

Imposto S e D-Expte. 1242/97.

Ferreiro Franco, Jesús ÁngelRepública Argentina, 10 E, VigoCertificación da conta nº 278436.3 de Caixavigo ata a data de falecemento de Casto García Pérez.

Imposto S e D-Expte. 1216/97.

Gil Alonso, María EstherTravesía de Vigo, 209-B4-31, VigoCertificado da Xerencia do Catastro (Delegación de Facenda da r/ Lalín-Vigo), no que se faga constar:

-Data de construcción, superficie por plantas e usos e superficie da parcela. (Casa en Barrio Presa-Teis-Vigo).

Imposto TPAXD-Expte. 13604/95.

Iglesia Ramos, Manuel de laGran Vía, 116-5º OB, VigoCertificado da Xerencia do Catastro (Delegación de Facenda da r/ Lalín-Vigo), no que se faga constar:

-Data de construcción, superficie por plantas e usos e superficie da parcela para a casa da rúa Conde, na Pastora.

Expedido polo concello:

-Plano de situación con cualificación urbanística (para o terreo na Pastora coa fronte á r/ Conde).

Imposto TPAXD-Expte. 203/96.

Iglesias Rial, Gonzalo AlbertoCamelias, 101-4º B, VigoCertificado da Xerencia do Catastro (Delegación de Facenda do lugar onde se encontren os bens) no que se faga constar:

-Data de construcción, superficie por plantas e usos e superficie da parcela para a casa no Eido de Arriba-Arbo.

-Data de construcción e superficie construída para o piso da r/ Regueiro en Vigo.

Imposto S e D-Expte. 655/96.

Lagomovil, S.L.Lg. Reguengo-Petelos, MosXustificante da venda do vehículo BOYT26, presentado exento acolléndose ó disposto no Art. 17 do R.D. 828/1995, do 29 de maio.

Imposto TPAXD-vehículos.

Expte. 269/96.

Lorenzo Carrasco, MiguelTorrecedeira, 16-6º D, VigoDocumentación acreditativa da póliza de seguros AM, na data de falecemento de Antonio López Cardero.

Imposto S e D-Expte. 480/96.

Moreno Carmona, Juan ÁngelAv. Gran Vía, 151, VigoXustificante da venda do vehículo M1858GD, presentado exento acolléndose ó disposto no Art. 17 do R.D. 828/1995, do 29 de maio.

Imposto TPAXD-vehículos.

Expte. 1850/96.

Roade Rouco, María FlorSan Miguel de Oia, 58, VigoExpedido polo concello:

-Plano de situación e condicións de edificabilidade do terreo Curras en Oia.

Imposto S e D-Expte. 168/97.

Rodríguez Correa, Juan RamónSimon Bolivar, 5-3º, VigoCertificacións bancarias de Caixa Vigo, na data do falecemento de Manuel Rodríguez Cruz.

Imposto S e D-Expte. 655/97.

Sánchez Rey, Raúl Francisco JoséO Grove, 3-3º, VigoPartida de defunción, certificado de derradeiras vontades testamento se o houbese de Raúl Sánchez Guerra.

Imposto S e D-Expte. 656/96.

ContribuínteEnderezoDocumentación e expediente

Sobrino Nogueira, FernandoManuel Nuñez, 2-3º, VigoPara os bens da relación nº 1, 10 e 11:

Certificados da Xerencia do Catastro (Delegación de Facenda da r/ Lalín-Vigo), nos que se fagan constar:

-Datas de construcción, superficies por plantas e usos e superficies das parcelas.

Para os bens da relación nº 1, 2, 8 e 9:

Expedidos polo concello:

-Planos de situación reflectidos no Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Imposto S e D-Expte. 1087/97.

Valbuena Araújo, MarcialCervantes, 10-1º, VigoCertificado da Xerencia do Catastro (Delegación de Facenda), no que se faga constar:

-Data de construcción.

-Superficie por plantas e usos.

-Superficie da parcela.

(Datos relativos á casa sita no lugar de Abeleira-A Estrada).

Imposto S e D-Expte. 1087/95.

Vázquez Rodríguez, M. del

Carmen

BO Luz Coruxo, 58 CS, VigoCertificación da Sociedad de Crédito Hipotecario Bansander, S.A. dos impostos que figuran na escritura de doazón.

Imposto S e D-Expte. 331/96.

Viacar Vía Com Automóviles, S.A.Av. Madrid, 22 Bx., VigoXustificante da venda do vehículo PO1442AJ, presentado exento acolléndose ó disposto no Art. 17 do R.D. 828/1995, do 29 de maio.

Imposto TPAXD-vehículos.

Expte. 1833/96.

4227