Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.093

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 5 de maio de 1998, da Delegación Territorial de Ourense, pola que se anuncia o extravío dos resgardos dos depósitos varios, en aval bancario 597/1995 e 1256/1995, para os efectos de expedición dos duplicados.

Producido o extravío dos resgardos dos depósitos constituídos na caixa de depósitos desta delegación en aval bancario, garantindo a Dragados y Construcciones, S.A., ante a Conssellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, que se detallan: nº 597/1995, do 18 de xullo de 1995 en concepto de garantía especial para responder e garanti-lo perfecto estado ó finaliza-los traballos de canalizacións e cámaras de rexistro, correspondentes ó proxecto nº 532128: Viana-Gueliña, expediente 419/1995, 533 p.k.1, por importe de 400.000 ptas e nº 1256/1995 do 20 de decembro de 1995, en concepto de garantía especial para responder dos traballos e garanti-lo perfecto estado ó finaliza-los traballos de canalización na estrada C-531, p.k. 57,70, por importe de 250.000 ptas.; formúlase requirimento oficial e público a aquelas persoas ou entidades en poder das que se poidan atopar, para que os presenten sen máis demora nesta delegación territorial de Economía e Facenda, rúa Progreso,

38-entreplanta.

Se transcorrido o prazo de dous meses, contados desde a data da publicación do presente anuncio, non se tivesen presentado, procederase sen máis trámite á expedición dos duplicados ó seu lexítimo propietario ou ó seu representante legal suficientemente acreditado, declarándose nese mesmo acto a nulidade dos exemplares orixinais extraviados, os que non terán ningún valor nin poderán surtir efecto perante da Administración nin perante terceiros.

Ourense, 5 de maio de 1998.

Norberto F. Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

4588