Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 14 de abril de 1998, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00143-O-98 e dous máis).

Por medio desta cédula, notifícaselles ós denunciados cos datos e último enderezo coñecido que se sinala no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por ese motivo, iniciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes san

cionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio Provincial de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propondo as probas que coiden oportunas, dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, e lles sirva de notificación, ós citados denunciados, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27-11-1992), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 14 de abril de 1998.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-00143-O-98

PO-0825-AL

G.C. Tráfico

Viguesa de Salazones, S.L.

Brea Molinera, 33

36205 Vigo (Pontevedra)

Realizar un transporte de mercadorías, carecendo da tarxeta de transportes, servicio privado, vehículo lixeiro.

9-2-1998; 17.15; A-9; 137,500

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987 e Art. 201 Real decreto 1211/199025.000
PO-01221-O-97

PO-4338-AP

G.C. Tráfico

Gramacor, S.L.

Coutada Ancha, s/n

36418 O Porriño (Pontevedra)

Transportar pedra (48 metros lineais), carecendo de tarxeta visado de transportes servicio privado, vehículo lixeiro.

21-10-1997; 15.40; PO-331; 9

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987 e Art. 201 Real decreto 1211/199025.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01232-O-97

SA-0455-K

G.C. Tráfico

Veracierto, S.L.

Avda. Fragoso, 83

36210 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando repostería. O vehículo carece de autorización para realiza-lo dito servicio. Servicio privado, vehículo lixeiro.

27-10-1997; 11.35; C-550; 23,100

Art. 103 da Lei 16/1987 e Art. 158 do Real decreto 1211/1990Art. 143 Lei 16/1987 e Art. 201 Real decreto 1211/199025.000

4336