Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.089

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (159/1997).

Eu, María Manuela García-Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Dou fe: que no xuízo de divorcio que se segue neste xulgado co número 159/1997, se dictou a sentencia, da que o encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte: Sentencia En Santiago de Compostela, o 15 de decembro de 1997, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de divorcio seguido neste xulgado co nº 159/1997, no que actuaron como demandante María Teresa Costoya Pasín, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada pola procuradora dos tribunais MªRita Goimil Martínez e asistida pola letrada Isabel Conde Roa, e como demandado, Raul Remy Raymond Lamarre, en ignorado paradoiro.-Decido: que debo decretar

e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Teresa Costoya Pasín e Paul Remy Raymond Lamarre. Non se fai imposición de custas. Unha vez asine esta resolución, líbrense os despachos oportunos para practica-la súa inscrición marxinal no Rexistro Civil.

Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado.

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandado rebelde Paul Remy Raymond Lamarre,expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

10095