Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.089

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (129/1992).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xugado de primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela fago saber que no xuízo verbal seguido neste xulgado co número 129/1992 por instancia do Banco Vitalicio de España, S.A. e Mª de los Ángeles Rodríguez Álvarez contra José Manuel Becerra, Viajes Pellet, S.L. e Mercurio, S.A., cítase a José Manuel Becerra, Viajes Pellet, S.L. e Mercurio, S.A. para que o día sete de xullo ás 10 horas comparezan na sala da audiencia deste xulgado co obxecto de asistir á celebración do xuízo verbal, baixo apercibimento que de non facelo se seguirá o xuízo na súa rebeldía.

E para que sirva de citación ó demandado José Manuel Rey Becerra expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta de abril de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

4725