Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Mércores, 03 de xuño de 1998 Páx. 6.088

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (36/1998-01).

José Espinosa Lozano, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido fai saber:

Que nos autos de procedemento xudicial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, seguidos neste xulgado co número 36/1998, promovidos polo procurador García Piccoli, en nome e representación do Banco Central Hispanoamericano contra Yousef Mohamad Al Ramahi e Concepción García Cabado en reclamación de 3.814.666 ptas., de principal máis 95.186 ptas., de xuros, acordouse sacar a pública poxa por tres veces e polo termo de vinte días cada unha delas o seguinte predio:

Predio integrante dun edificio sinalado co número 56, da rúa dos Forniños, en Santiago de Compostela: local número catro B. Local destinado a rocho na planta baixo cuberta. Extensión: sesenta e sete metros trinta e dous decímetros cadrados. Linda: norte, predio número catro A e voo de tellado; sur, predio número catro C; leste, máis terreo de predio matriz propiedade de María Moure Vázquez e oeste,

caixa e relanzo de escaleiras. Cota: 3,03%. Inscrición: inscrita no Rexistro da Propiedade de Santiago de Compostela número un, no tomo 1198, libro, 214, folio 97, predio 22.752, inscrición primeira.

A poxa terá lugar o día sete de setembro ás nove horas, na Sala da Audiencia deste xulgado ó prezo taxado na escritura de constitución de hipoteca, que é de cinco millóns duascentas setenta e cinco mil oitocentas sesenta e e seis pesetas (5.275.866 ptas), non concorrendo ofertantes, sinálase para a segunda o día cinco de outubro ás nove horas, co tipo de taxación do setenta e cinco por cento do tipo da primeira; non habendo ofertantes na segunda sinálase para a terceira o día dous de novembro ás nove horas, sen suxeición a tipo.

Faise saber ós posible licitadores que as condicións da poxa son as que a continuación se expresan:

1. Non se admitirá oferta inferior á cantidade de 5.275.866 ptas., que é o tipo pactado na mencionada, escritura, en canto á segunda poxa, o setenta e cinco por cento desta suma, se é o caso, en canto á terceira poxa, admitiranse sen suxeición a tipo.

2. Que tódolos ofertantes, con excepción do acredor ou demandante, deberán consignar no establecemento destinado para tal efecto unha cantidade igual polo menos ó 20 por cento do tipo.

3. Tódalas ofertas poderán facerse en calidade de cede-lo remate a un terceiro e realizarse por escrito en prego pechado, desde a publicación do presente edicto ata a celebración da poxa de que se trate, depositando xunto a aquel o resgardo acreditativo de ter efectuada a consignación a que se refire na anterior condición.

4. Que os autos e certificación do rexistro a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, están de manifesto na secretaría e que se entenderá que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houbese, o crédito do actor continuarán subsistentes entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles sen destinarse á suá extinción o prezo de remate.

5. Prevense que na acta de poxa farase constar que o rematante acepta as obrigas antes expresadas e se non as acepta, non lle será admitida a proposición; tampouco se admitirá oferta por escrito que non conteña a aceptación expresa destas obrigas.

6. Sen prexuízo da que se leva a cabo no predio hipotecado conforme os artigos 262 ó 279 da Lei de axuizamento criminal de non ser hachado nela, este edicto servirá igualmente para notificación ó debedor do triple sinalamento do lugar, día e hora para o remate.

7. No caso de que algún día dos sinalados para a celebración das poxas recaese en día inhábil tras

ládase a súa celebración para o día seguinte hábil do sinalado á mesma hora.

Santiago de Compostela, oito de maio de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

4215